Somos un festival de amigos, de familia, de fanáticos do fantaterror e de xente con ansia de que o cine e a cultura encha as rúas e os pobos.

Con este espírito nacemos no 2014 e con este queremos continuar moitos anos máis consolidándonos coma un dos referentes do cine de xénero en Galicia.

O Fancine de Lemos nace da man de Iván Patiño e Carlos Álvarez, monfortinos e profesionais do mundo do cinema que quixeron apostar por impulsar na súa terra un evento que axunte o mellor do panorama do cine de fantástico e de terror nacional e internacional.

Ao longo dos nosos anos de historia, estamos a construir un lugar de encontro onde os cinéfilos poidan gozar de pezas audiovisuais de gran nivel e onde os menos cinéfilos atopen actividades que non os deixen indiferentes, convertendo a cidade no epicentro estival do audiovisual de xénero dentro e fóra de Galicia.

Desexámos compartir con vos películas, charlas, vermús, ideas e risas. Invitámosvos a ser parte do noso pequeño grande proxecto.

Aquí poderedes atopar todo o necesario para que a vosa estancia en Monforte non defraude.

O Equipo

Director
Iván Patiño

Subdirector 
Reinaldo Pereira

Equipo Directivo Anabel Soto Luís Avilés
Alejandro García, Rufo

Programación
Anabel Soto
Marc Castro

Producción
Luís Avilés Adrián Gómez Martínez Inés Franco Roade

Comunicación: Marta González Mira

Deseño e Web: Amanita Studio

Deseño Cartel: Andrea Rodríguez

Fotógrafo: Ricardo dos Santos

Vídeo: Jesús Santos

 

Prensa e Comunicación

Para solicitar entrevistas, reportaxes ou ampliar información podes contactar co equipo de prensa:

       Marta González Mira

       Teléfono: +34 620857697

       Mail: prensa@fancinedelemos.com

  • Se queres acceder a vídeos, fotografías, materiais gráficos ou nota de prensa podes facelo a través deste link

  • Podes descargar toda a información do Fancine de Lemos 2023 neste dossier

 

Localización

 

Contacto