A oitava edición do FanCine de Lemos celebrou a súa gala de clausura o sábado 9 na adega Algueira en Sober. Entregáronse os premios ás curtas gañadoras seleccionadas polo xurado formado polo actor Chechu Salgado, a actriz Sabela Arán e o director do Sombra Festival, Javier García.

No acto, presentado pola actriz Beatriz Serén, estiveron presentes as autoridades das institucións públicas implicadas este ano no FanCine de Lemos: os Concellos de  Monforte de Lemos, Sober e A Pobra do Brollón, así como a Deputación de Lugo e a Rede Museística Provincial de Lugo. 

O premio a mellor curtametraxe foi para El Semblante. Foi recollido por Carlos Moriana, un dos directores xunto con Raúl Cerezo. 

mellor curtametraxe internacional foi para Covid Love. O seu director, René Nuijens, estivo presente na gala a través dunha conexión telemática.

O premio a mellor curtametraxe galega foi para Canibalismo, e foi recibida polo seu director Diego Aballe, a directora de arte Amanda Seijas e o actor Fran Nogueira.

O premio do público foi para Oro , e foi recollido polo seu director Manuel Valcárcel, xunto con membros do equipo.

Ademais, a curta Loop de Pablo Polledri recibiu unha mención especial. O xurado salientou da peza “a súa visión dunha sociedade que entra en bucle, contada no formato da animación tradicional”.

O xurado valorou en xeral o “altísimo nivel das curtas finalistas” e a dificultade que supuxo para seleccionar as curtametraxes gañadoras.


Comment