FANTAFESTI: CURTAS CURTAS

A semana do 5 ao 9 de xullo, Monforte volverá converterse no epicentro do xénero fantástico e de terror, con motivo da celebración da IX edición do Festival de Cine Fantástico de Monforte de Lemos – FANCINE. Abrimos o prazo de recepción de traballos para o novo certame de curtametraxes gravadas co móbil, que conta co patrocinio da Área Benestar.

E é que, como novidade, a vindeira edición de FANCINE incluirá este novo concurso de curtametraxes do xénero fantástico ou de terror gravadas co móbil. Cada proposta poderá ter unha duración máxima de 20 segundos e deberá cumprir os requisitos de calidade e formato establecidos nas bases. A organización do festival decidiu poñer en marcha este innovador concurso para que os participantes demostren que con poucos medios e imaxinación tamén se poden contar historias.

As curtametraxes seleccionadas neste concurso proxectaranse nunha sesión programada dentro de FANCINE. Unha vez rematada esta sesión, o público votará en directo e a obra que obteña máis votos do público recibirá un premio valorado en 50€. O xurado do festival tamén concederá outro premio de 100 €. Esta iniciativa conta coa colaboración de Wellness Area.

Concederanse segundo as seguintes bases específicas:

DESCARGA DAS BASES