Un Punto Lila é un espazo de seguridade para a prevención do acoso, malos tratos e agresións sexuais e machistas en espazos públicos, así como de asesoramento e actuación en caso de que se produza algunha delas. As súas principais funcións son polo tanto: SENSIBILIZACIÓN, PREVENCIÓN e ATENCIÓN.

Constará das seguintes actuacións:

  • Formación interna do persoal: A importancia de converterse en axentes morados durante o Festival.

  • Punto de información morado: Durante as proxeccións ao aire libre do Fancine no Parque dos Condes haberá un punto ou zona específica con información detallada.

Os feedback recibidos noutros actos similares tras a realización destas accións confirman o acerto da presenza dos puntos morados, posto que os asistentes amosáronnos a súa confianza no evento e a sensación de seguridade persoal que sentían grazas á súa existencia. Esta é unha iniciativa que queremos continuar no futuro mentres sexa necesario.