Exposición permanente 2023

casa da cultura lois pereiro

Apertura do 4 o 8 de Xullo

Unha visión diferente, divertida e única de réplicas das pezas máis coñecidas do mundo de terror.

Os obxectos icónicos e terroríficos da gran pantalla da man de Marc Pujol, atrezzista, escenógrafo, amante do macabro e creador de Anomalia, un estudio adicado a fabricación de pezas únicas e de terror para o mundo audiovisual.

 

MÉRCORES 05

12:00

Proxección Longametraxe sesión especial. Casa da Cultura Lois Pereiro

Proxección Longametraxe sesión especial Asociación Ágora


21:00 

Inauguración Oficial IX Edición FanCine de Lemos.casa da cultura Lois pereiro

Iván Patiño, director do Festival, falará sobre a programación e sobre os fitos conseguidos este ano antes de dar o pistoletazo de saída a programación da novena edición do FanCine de Lemos.


21:30 

SESIÓN OFICIAL DE CURTAMETRAXES 01. casa da cultura Lois pereiro

Adorable. Marcos Colombres

Psycho Shower. Yoel Rodríguez

PSicario. Daniel Padró Targarona

White Butterflies. Shuangshuang Yu/ Jara García de Viedma

Ovo. Stiv Spasojevic


22:30 

La endemoniada, 1975. Amando de Ossorio. casa da cultura Lois pereiro

Unha muller xitana de idade avanzada é detida pola policía pola súa suposta relación co secuestro dun recentemente nado. Durante o interrogatorio, a muller suicídase lanzándose pola fiestra, pero non antes de terse encomendado ao demo. Como vinganza, o seu espírito apodérase do corpo da filla do comisario. Película do director galego Amando de Ossorio e que conta con Marián Salgado no seu reparto (Premio de Honra, Fancine de Lemos 2023).

 

XOVES 06

19:30

EXPOSICIÓN OBXECTOS MALDITOS NO CINEMA. casa da cultura Lois pereiro

Marc Pujol responsable da exposición obxectos malditos no cinema, explicará o proceso de creación das súas pezas.


20:00

SESIÓN OFICIAL DE CURTAMETRAXES 02. casa da cultura Lois pereiro

Fantaterror. Néstor Arránz/ Óscar Rip

Pandemia Zombie. Ignacio Rodó

Broken Wings. Carlos Albero

Dativa. Daniel Calavera

No hay fantasmas. Nacho Solana

Retap. Víctor Marín

Lique. Anita Pico

Luna. Daniel M. Caneiro


22:30

O Corpo Aberto, 2022. Ángeles Huerta. MULTICINES HOLLYWOOD

Miguel, un mozo mestre, é destinado a un pequeno pobo de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita con tradicións ancestrais. O prodixio dun western gótico e galego. A directora Ángeles Huerta achéganos unha das películas máis arriscadas e suxestivas do novo cinema nacional.


 

VENRES 07 

 

12:30

CONVERSA Alberto Díaz fundador de Yaq Distribucción. CASA DA CULTURA LOIS PEREIRO

Conversa entorno a distribución no mundo das curtametraxes e a autoconcienca da obra impartida polos membros da distribuidora Yaq Distribucción Alberto Díaz e Alicia Albares. Patrocinada por Galletas Daveiga na Casa da Cultura


19:00

Presentación dos libros. libraría EntreLibros

Marian Salgado: La hija del periodista

Andrea Micc: Las crónicas de Vanusum I

Yaiza Galán: El suspiro del viento.


20:00

SESIÓN OFICIAL DE CURTAMETRAXES 03. PARQUE DOS CONDES

A moza da bufanda vermella. Martín Sanmartín Cainzos

Visión parcial de una mañana insólita. David Tangarife

En tu mente. Miguel Bañares

Anecoica. Marcos Callejo

Boxfox. Aurora González Segura/ Ángela Ronco Núñez/ Juan José Romero Cortina

Dennis. Carlos Beceiro y Guillermo Garzón


22:00

Mesa Redonda Unicorn Wars. Parque dos Condes

Coloquio en torno aos procesos e desenvolvemento do cine de animación. Un repaso ao estado actual deste xénero e as posibilidades e dificultades de sacar adiante os proxectos.


22:30

Unicorn Wars, 2022. Alberto Vázquez. PARQUE DOS CONDES

Presentan a película o diretor Alberto Vázquez e o diretor de animación Khris Cembe..

Unicorn Wars é unha película dirixida polo coruñés Alberto Vázquez. Bautizado pola crítica profesional como: “Unha película sorprendente e orixinal na que unha batalla entre osiños de peluche e unicornios se converte nun profundo e sorprendente reflexo político e psicolóxico. Unha verdadeira xoia.


00:30

Proxección Película Sorpresa. Parque dos condes

¡Convidámoste a unha experiencia única! Algunha vez quixeches ver unha película nun lugar diferente, rodeado de amigos e nun ambiente divertido? ¡Pois esta é a túa oportunidade! Presentámosvos o noso evento sorpresa no Parque dos Condes.

Sorprenderémosvos cunha película de hooligans que promete facervos rir e pasalo ben.

 

SÁBADO 08

 

12:00

¡Scooby!, 2022. Tony Cervone. casa da cultura lois pereiro

Scooby e a banda enfróntanse ao seu misterio máis complicado ata agora: un complot para liberar ao can pantasma Cerberus. Película para os máis pequenos onde descubriremos a orixe de Scooby-Doo nun exercicio de adaptación deste clásico que cumpre 55 anos ás novas xeracións.


19:00

SESIÓN OFICIAL DE CURTAMETRAXES 04. casa da cultura lois pereiro

Compañeiros. Fernando Tato

Cadeas. Álvaro López

O neno sardiña. Lucía Estévez

Els Mal. David Mataró


20:30

Concurso “Curtas Curtas”. casa da cultura lois pereiro

Proxección das curtametraxes recibidas, trinta en total, e posterior entrega dos premios a os gañadores do concurso. Premios otorgados por Wellness Area, patrocinadores do Festival.


21:30

GALA CLAUSURA DO FESTIVAL E ENTREGA DE PREMIOS. casa da cultura + Garden monforte

O festival pon o broche final a esta novena edición coa entrega de premios e posterior fin de festa no Garden Monforte con concerto a cargo da artista Lucía Aldao

 

DOMINGO 09

 

12:00

charla FELIPE AIRA. casa da cultura lois pereiro

Veciñ@s da Terra de Lemos, acusad@s de meigas adiviñ@s y feiticeir@s


12:30

Sesión Vermut con Marian Salgado e Aida Cordero. MON Come y Sueña

Sobre o FantaTerror Español. Modera Reinaldo Pereira

 

20:00

Pase das curtas gañadoras. casa da cultura Lois Pereiro


22:00

Clausura do festival coa proxección da longametraxe El Exorcista. Multicines Hollywood

El exorcista, 1973. William Friedkin

A película que iniciou unha nova era no cine de terror e que durante unha xeración segue sendo unha das experiencias máis terroríficas das súas vidas. Pase especial 50 aniversario.